Entre finais do XIX e primeiros do XX este balneario atesourou tal vida social e cultural que mesmo chegou a contar cunha imprenta pequena.
No val do Tea, rodeado pola tranquilidade inmensa que mana polo minúscula vila que lle dá nome, tanto a súa zona termal coma o hotel,
un edificio de Antonio Palacios que na reforma combinou con talento a luz, a pedra e a madeira, non deixan de incorporar servicios novos ano a ano. De certo,
na primavera do 2004 está previsto inaugurar 46 cuartos novos na antiga planta embotelladora de auga, ademais do Palacio da Auga, con 3.000 m2 de
instalacións de vangarda conectadas ó hotel e ó actual balneario, que a partir daquela se destinará a programas terapéuticos,
orientando o Palacio da Auga á versión máis lúdica da auga, con seis piscinas activas, sete saunas a distintas temperaturas e humidades,
zona para nenos e ata bar de zumes naturais. O complexo conta ademais cun campo de golf de 18 buratos e múltiples propostas como camiñadas, rafting,
equitación ou bicicletas de monte. Nas vacaciúns funciona tamén unha gardería con actividades para nenos e, para os pais, concertos,
rutas, catas de viño ou queimadas e hasta conferencias sobre cociña e nutrición ou sobre a propia historia deste balneario de tradición.