Termas de Cuntis é un dos balnearios con maior tradición de Galicia e converteuse nun dos maiores complexos adicados á balneoterapia
en España. Grazas á súa excelente localización, dende a vila de Cuntis poderá achegarse nuns minutos ás praias
da Rías Baixas, admirar a monumentalidade de Santiago ou Pontevedra, ou percorrer a cosmopolita cidade de Vigo. En plena comarca do Umia, gozará
do aire libre e de actividades como sendeirismo, pesca, equitación, etc. O complexo Termas de Cuntis está composto polos Hoteis A Virxe e Castro
do Balneario, ambos de catro estrelas ademais do Balneario de Forniños co Acquaform. O Hotel A Virxe**** é o edificio máis
emblemático da tranquila Vila de Cuntis. Rodeado de amplos xardíns, loce con soleira os perfís característicos dos pazos galegos
seguindo o deseño orixinal de D. Antonio Palacios, aínda que foi renovado integramente en 2006 pasando a ser un moderno complexo turístico
con conexión directa co Balneario. O Hotel Castro do Balneario**** é unha casa señorial galega rehabilitada, na que se conservaron
todos os seus elementos singulares. Cada unha das suas 18 habitacións ten un carácter propio e incorpora todas as comodidades: minibar, caixa
forte, conexión a internet, etc... Lindando co río, atopamos o seu amplo xardín que conta con piscina, zona de xogos para nenos e un
ceador baixo un olmo centenario. O Balneario de Forniños é un edificio exclusivamente adicado a balneario que conta con 3 piscinas de auga
termal, máis de 40 salas de tratamentos individuais, 9 estufas de vapor, dous ximnasios, etc. Un edificio cheo de luz natural especificamente
deseñado para poder relaxarse e gozar nunha contorna exclusiva.
O Acquaform é un espacio lúdico-termal que permite combinar os beneficios
terapéuticos das aguas de Cuntis cun auténtico regalo para os sentidos, podendo disfrutar coa familia ou cos amigos da natación,
aliviar as tensións musculares con chorros e pescozos de cisne, relaxarse acostado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas
distintas saunas, ademais de poder poñerse en forma no seu completo ximnasio. Todo o complexo está rodeado por 50.000 m² de parques
privados que farán da súa estancia connosco unha auténtica ledicia.