Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa de augas e a apenas oito quilómetros
dos alicientes de Monforte de Lemos, este hotel de nova planta, edificado todo en pedra de cantería e illado
en plena natureza, non s&oiacute; conta cun centenar de cuartos de moi bo gusto e dun campo de golf de dezaoito ocos,
senón tamén cun balneario á última distribuído en dous andares ao longo e largo de 2000 m².
Decorado en relaxantes tons malva e verde menta, na súa planta baixa aparece unha gran piscina dinámica,
con ata oito colos de cisne a distinta presión cos que masaxear as cervicais, tres fervenzas e catro camas de auga,
dende a que saír nadando ao exterior franqueando a inmensa cristaleira que a enmarca e que o inunda todo de luz natural
e de vistas a unhas paisaxes saturadas de verdor. Tanto esta piscina como os demais servizos do seu chamado circuíto
acuático son de libre acceso para os hóspedes do hotel, que tamén poden aliñar a escapada termal
cos tratamentos do balneario e, por suposto, cunha visita ás bodegas da Ribeira Sacra, unha ruta en catamarán polos
canóns do Sil e infinidade de rutas sendeiristas ou culturais polos arredores.